Denuncia veciñal

As "brigadas de mantemento" nesta ocasión son de ovellas

As "brigadas de mantemento" nesta ocasión son de ovellas

Denuncian o completo abandono das marxes do rio Faramontaos

A cunca do Río ano tras ano sen limpar, chegando a haber ata paos da luz tirados dentro do Río.

Bancos e mesas de pedra e barbacoas cubertas pola maleza, inutilizables.

A Ponte de Pedra que serve para conectar un lado do outro do rio con herbas que chegan en puntos ata as rodillas.

Ademais do impacto visual que ocasiona, súmaselle o perigo inminente que contrae ter a zona así de descoidada.

Cats


O camiño que vai dende a Ponte de Faramontaos ata o Salto de Gudín, un camiño utilizado cada fin de semana por diferentes grupos sendeiristas e ciclistas, pechado nalgún tramo polas herbas e árbores sen coidar.

Sen contar que queda totalmente inutilizado un dos pouco recunchos naturais que hai no Concello de Xinzo de Limia, que serve para algún partido político como foto de campaña, cada catro anos.