O BNG ACUSA Ó PP DE QUERER ENGANAR ÓS REGANTES.

O BNG ACUSA Ó PP DE QUERER ENGANAR ÓS REGANTES.

O Partido Popular anunciaba recentemente que cambiaba o seu compromiso inicial, recoñecendo agora que só asumirá o 20% do IVE a repartir entre Deputación provincial e Xunta de Galicia.


Representantes do Bloque Nacionalista Galego en tódalas Administracións autonómicas xuntáronse en Xinzo para esixirlle ó PP solucións inmediatas para un problema urxente.

O BNG quéixase de que o Partido Popular deixe abandonados ós agricultores e propietarios das comunidades da zona sur do Concello de Xinzo logo de moitas promesas electorais que “non se cumpren e, estamos vendo, que non se van cumprir”, di Camilo Vila, voceiro municipal do BNG.

O Partido Popular anunciaba recentemente que cambiaba o seu compromiso inicial, recoñecendo agora que só asumirá o 20% do IVE a repartir entre Deputación provincial e Xunta de Galicia.
Sonia Vidal, deputada autonómica do Bng, informou da presentación dunha Iniciativa que será defendia na próxima sesión plenaria do Parlamento Galego ó tempo que Bernardo Varela fará o propio na Deputación de Ourense.

REGADÍO 2

Camilo Vila defende a urxencia de repostas políticas nun momento crítico onde a campaña de patacas ten comezado dun xeito accidentado pola meteoroloxía, cuestión que provoca, por exemplo, heteroxeneidade nos ritmos e ciclos das producións. O BNG defende a necesidade de medidas comprometidas coa “comarca máis produtiva a nivel agrogandeiro de Galicia” segundo Manuel Pozo, vicevoceiro municipal.


Así as cousas, o responsable comarcal da organización nacionalista, Marcos Nogueiras, declara a vontade do Bloque de apelar a tódalos parlamentos: “defenderemos ós labregos e labregas nos concellos, na Deputación, na Xunta, no Estado e en Europa”.