Xinzo está de Campus

Xinzo está de Campus

Baloncesto e fútboll de base durante esta semana

Tanto o A.B. Xinzo como as E.D.C  Xinzo teñen comezaron onte os seus respectivos Campus para a base para nenos e nenas nados entre o 2011 e o 18.  Como soe ser habitual os que escolleron o fútbol solen ser un número superior. Neste caso 67 contra un medio cento que se decantaron polo Basket.

Collage 1

En horario de mañá de 10 a 13:30, uns despiden a temporada para voltar no mes de setembro e outros veñen a ver "de que vai isto" do fútbol e do basket.

As sedes dos dous campos son os campos da Moreira, tanto o artificial como o de herba e o Pavillón de Deportes da Vila.

Collage  3

Todos contan con monitores e adestradores que intentan transmitir, sobre todo os hábitos de facer deporte dende os primeiros anos.

Pero como todo deporte necesita acollida de enerxía, no momento das nosas instantáneas os e as do campus de basket estaban no momento de repoñer forzas, e por que non socializar un rato.

Collage 4