ADEGAL REÚNESE CON ELVIRA LAMA

Foto arquivo ALIMAGRO 2022
ADEGAL REÚNESE CON ELVIRA LAMA

DEPUTADA DO PSOE NA DEPUTACIÓN DE POURENSE

Na tarde de onte, 24 de xuño,  ADEGAL, Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia, entidade cuios fins principais son a representación, a reivindicación, a defensa e a xestión dos intereses de agricultores, gandeiros e empresarios a nivel profesional, económico e social na comarca da Limia, mantivo unha reunión con Elvira Lama, Deputada do PSOE na Deputación de Ourense.

Abordáronse problemáticas e reivindicacións constantes e eternas na comarca, como son  a limpeza de canles, mantemento de pistas de concentración parcelaria e punto de acopio de residuos agrogandeiros, ó que se lle dará traslado e posta en coñecemento á Confederación Hidrográfica Miño-Sil nas súas competencias, así coma o Ministerio de Agricultura, demandando todas as posibles inversións na bisbarra.

A Limia é unha comarca cun gran potencial agrogandeiro, e como tal, as Administracións débense implicar e coordinar, potenciar e protexer a actividade de todas as explotacións agrícolas e gandeiras existentes, así como facilitar as ampliacións e o relevo xeneracional.