Fin dos talleres de estimulación cognitiva en Sandiás
O CONCELLO DE SANDIÁS FINALIZA A TERCEIRA ETAPA DO OBRADOIRO DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA COA ASOCIACIÓN DE ALZHEIMER DE OURENSE (AFAOR).
O pasado Venres, 14 de Xuño finalizou o obradoiro que a Asociación de Alzheimer de Ourense (AFAOR) e a Concellería de Política Social e Participación Cidadá do Concello de Sandiás, executaron e patrocinaron respectivamente destinado a persoas maiores válidas e/ou con deterioro cognitivo leve, con carácter gratuito ao longo do ano 2024.
O primeiro obradoiro comezou o 5 de Abril ás 16.30 h da tarde e o último finalizou o 14 de Xuño de 2024 cunha duración de tres meses. Dez sesións ao longo do mes de abril, maio e xuño compartindo e traballando
Participaron un total de 20 veciñ@s das aldeas de Piñeira de Arcos, Arcos, Vilariño das Poldras, Lavandeira, Santana, Novaiño, Sandiás, Couso de Limia, As Pegas, Cardeita... Houbo unha merenda de despedida e os participantes entregáronlle a Mayara un agasallo como mostra de agradecemento pola súa dedicación e ensino co corazón. Mayara tamén tivo o detalle de entregar un agasallo personalizado a cada un dos participantes gravando a palabra que segundo ela define a cada un/unha. Todos esperan con ganas ou próximo ano.
A animadora especialista que desenvolveu o temario do obradoiro foi Mayara Estevam, educadora social. Os obxectivos do obradoiro foron en liña de traballar o embexecemento activo. As sesións duran unha hora e media e trabállase persoalmente e en equipo. Tratouse de poñer o cerebro á súa máxima funcionalidade e traballar as capacidades mentais como o cálculo, o razoamento, a memoria, e a atención para mellorar as mesmas”. Entre os tipos de actividades que se realizaron destacan a estimulación cognitiva, actividades de psicomotricidade, cálculo, razoamento, percepción, atención, memoria e interactividade con dinámicas grupais, comunicación e interacción entre as persoas”.
O Concello de Sandiás agradece a AFAOR e en particular a Mayaara a súas ensinanzas e facer pasar uns maravillosos momentos xuntos.