Remataron as 1ª de Lonxevidade e hábitos saudábeis
Máis de 300 persoas pasaron polas mesmas dende o venres ata hoxe a mediodía
Hoxe era a segunda e última xornada das primeiras xornadas intenacionais nas que se falou de lonxevidade, pero dunha lonxevidade con calidade de vida na que segundo as conclusións dos poñentes internacionais e nacionais que participaron ao longo delas, tan solo o 30% dependes dos xenes e o resto depende moito da nosa forma de vida, da nosa alimentación e das nosas costumes. Tendo isto en conta moita parte desa lonxevidade está da nosa parte.
Despois da mesa redonda da mañá, na que participaron as asociacións comarcais que están a traballar e incidir directamente na poboación para conseguir esa lonxevidade, CDR O VISO, ESCOLA RURAL DE SAÚDE DA LIMIA, FEMURO e CRUZ VERMELLA, pecharon as xornadas os relatorios de Esperanza Navarro Pardo que falou das "ZONAS AZUIS", lugares nos que se envellece mellor, entre as que parece que a Limia se está achegando.
A continuación falou o Dtor Madianes como bo representante desa lonxevidade activa e pechou as xornadas Laura López del Castillo , Delegada de Sanidade en Ourense e a continuación ofreceuse aos presentes un ágape no cal non faltou o polbo, un dos alimentos da dieta atlántica que está incluido dentro dos bos alimentos a comer de cara a esa lonxevidade.