Estamos moi satisfeitos polo éxito da 2ª edición (Oscar Pena)
Éxito de participantes na 2ª edición do torneo de xadrez organizado pola Asociación ALGARIA
O sábado ao longo de toda a mañá os 38 participantes no torneo de xadrez tiveron que enfrontarse a 5 contrincantes, segundo as normas inglesas, que seguen os organizadores. Dúas foron as categorías, Adultos e Mozos.
DE TODA GALICIA E PORTIUGAL
De toda Galicia e ata de Portugal achegáronse xogadores e xogadoras dun deporte co que a Asociación ALGARIA, están moi satisfeitos de organizar, posto que é unha das poucas disciplinas máis inclusivas que se poden atopar.
O campión do grupo "A" (maiores) foi Medrade que gañou as cinco partidas. Segundo clasificado foi Armando empatado co terceiro Charli a catro partidas gañadas.
Momentos do torneo de xadrez
No grupo "B" xuvenís o que quedou primeiro clasificado foi Tristán que tamén gañou as 5 partidas disputadas, seguíndolle na clasificación Pura e Pablo Santás con catro vitorias cada un.
Dentro dos participantes do grupo A pertencentes a Limia estiveron participando Asier, C. Perez e Izquierdo que quedaron 10-11 e 13 respectivamente, pero con moitas gañas de adestrar durante todo o ano para acadar unha mellor clasificación na vindeira edición.
Colaboraron coa organización do torneo o club de xadrez Liceo Ourensano-Academia Postal e Melisa Gómez.