Dende hoxe podemos viaxar a Madrid en trens AVLO por 7 €
Renfe pon á venda hoxe os billetes para os novos Avlo de Galicia, con ‘Superprecios’ desde 7 euros
O servizo Avlo prestarase cos trens da serie S106, cunha capacidade para 581 viaxeiros, con dous trens diarios, un por sentido, alternando orixe/destino Vigo e A Coruña con Madrid.
A posta en marcha da nova oferta comercial supoñerá o aumento en máis de 8.000 prazas semanais en corredor Galicia- Madrid Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2024 (Renfe). Renfe pon á venda hoxe os billetes para viaxar nos novos servizos Avlo de Galicia, que comezarán a prestar servizo desde o próximo día 22 de xullo, cunha campaña de ‘Superprecios’ desde 7 euros, para viaxar ata o 30 de setembro. Para a estrea dos Avlo en Galicia, Renfe pon á venda máis de 8.200 billetes con ‘Superprecios’ desde 7 euros, para viaxar entre o 22 de xullo e o 30 de setembro, en todas as orixes/destinos do corredor. Estes servizos prestaranse cos novos trens S106 de Renfe de rodadura desplazable e con 581 prazas, que son os convois con maior capacidade de viaxeiros por tren que circulan actualmente pola rede nacional.
Interiror dos trens AVLO
O servizo Avlo debuta este verán en Galicia. Á oferta comercial actual entre Galicia e Madrid sumaranse a partir do próximo día 22 de xullo dous servizos Avlo diarios, un por sentido, que alternarán as súas orixes/destinos entre Vigo-Madrid e A Coruña-Madrid, con paso por Santiago de Compostela.
Estes trens realizarán parada en todas as estacións da liña: Segovia, Medina del Campo, Zamora, Sanabria AV/AV, A Gudiña, Ourense, Vilagarcía de Arousa e Pontevedra:
• Galicia-Madrid: Avlo con orixe A Coruña ás 6:34 horas os martes, xoves, sábados e domingos. E de Vigo Urzaiz os luns, mércores e venres ás 5:57 horas, con saída desde Santiago ás 7:06 horas e chegada a destino ás 10:32 horas. O resto da oferta comercial entre Galicia e Madrid mantén as súas frecuencias actuais, aínda que con algunha leve modificación horaria en tres trens (Madrid 18:25-Ferrol 0:04, A Coruña 19:30-Madrid 23:03 e Madrid 20:23 - Ourense 22:37, máis información nesta ligazón).
A estrea do Avlo este verán chega con trens S106 con maior capacidade, 581 prazas repartidas en 12 coches en filas de 3+2, supoñerá un incremento de máis de 8.000 prazas semanais na oferta do corredor Galicia-Madrid.