Aplausos infinitos a Xove Orquestra OURENSANÍA en Xinzo

Aplausos infinitos a Xove Orquestra OURENSANÍA en Xinzo

Vídeo 1ª parte concerto

Onte a Igrexa Nova de Xinzo, foi outra vez máis o auditorio para un concerto, esta vez de presentación da xira que a Xove Orquestra OURENSANÍA, nacida na Agrupación Musical da Limia e patrocinada pola Deputación Provincial e o Concello de Xinzo, deron para todos os aficionados.




Os máis de medio cento de xoves músicos fixeron as delicias dos asistentes que cada fin de cada obra interpretada agradecían con aplausos infinitos.

Neste primeiro concerto participaron tamén na segunda parte do mesmo o Orfeón do Carballiño, a coral de Sta. Mariña o Coro de voces brancas do ESMU do Carballiño e o Colexio Vila do Arenteiro.

Estiveron presentes o alcalde de Xinzo e o concelleiro de Cultura que acompañaron ao deputado de Cultura da institución provincial e alcalde de Ribadavia onde ofrecerán o mesmo concerto mañá sábado. Hoxe venres será a presentación en Ourense na igrexa de Sta. Eufemia do centro.