Moncho Gómez, "reflexiona en alto"

Si paso ao grupo mixto votarei todo aquelo que veña a prol e favor de Xinzo sen dubida(Moncho Gómez)

Moncho Gómez, no seu despacho do concello
Si paso ao grupo mixto votarei todo aquelo que veña a prol e favor de Xinzo sen dubida(Moncho Gómez)

Despois dun ano aquí todas as promesas que se fixeron, a nivel de Deputación, a nivel de Xunta, pois están no limbo 

Moncho Gómez, concelleiro de Urbanismo e home forte de AXIL no goberno presidido por Amador Díaz, mantivo unha entrevista con DaL, na que como el ben di, é un galego na metade dunha escaleira,  que non sabe si a seguirá subindo e manténdose no grupo de goberno ou se baixará definitivamente para ir ao Grupo de NON adscritos.

Durante a mesma, vimos a un home rudo, como é el, totalmente fundido e abatido polo que leva acontecido neste primeiro ano de pacto, pacto que tanto lle custou asinar e que de momento solo lle deu desgustos, segundo manifesta ao longo da mesma.

DaL: Despois da última vez que me ensinaches o papel, como anda iso?

3

M: Despois dun ano no equipo de goberno, o pleno de investidura foi polo 26 de xuño. A palabra, eu caracterízome por dicir o que penso, meto moitas veces a pata e non solo recapacitar moito nas miñas decisións, son bastante impulsivo, entón a palabra é case frustración, case un engano. Despois dun ano aquí todas as promesas que se fixeron, a nivel de Deputación, a nivel de Xunta, pois están no limbo, non sei en que lugar. Aquí houbo unhas promesas a modo de ...,  a pista da Armada que si esta adxudicada pero...

DaL: Xa está adxudicada?

Si, xa esta, pero antes das eleccións autonómicas íase a empezar nunha semana e aí estamos, e se nun ano non somos capaces de facer a arranxe dunha pista aínda que sexa con aglomerado ou con presa, pois que queres que che diga, eu como galego estou no medio da escaleira e ca mosca detrás da orella sempre. Entón aínda que está adxudicada, estase dilatando moito, pero o que me preocupa é a outra gran promesa, que era o plan Urbe, imos de atranco en atranco.

DaL: Como está o plan HURBE?

M:A nós, nos dixeron que confeccionáramos outro proxecto incluíndo  o soterramento completo das infraestruturas de telefonía e de alumeado, iso implica levantar todo, porque a parte que vai pegada as vivendas non se tocaba, porque aí os coches non circulan e está ben e iso conleva un incremento substancial do proxecto, que pasará de 1 millón de euros, pero é volver empezar, como mínimo outro ano mais. Entón isto que é? Unha tremenda milonga. E si levantamos todo vámonos atopar con patrimonio xa nos pon unhas catas, entón síntome desencantado, eu entendo que a dotación do Plan Urbe era de 8 millóns e medio de euros para toda Galicia, entendo a dificultade que ten, e adícanlle o 10% a Xinzo.

Con todo o que lle queremos nos a Xinzo, pero noutros concello de maior enxundia tamén quererán o seu, tampouco nos axudou moito a reorganización que houbo de conselleiros, directores e toda a escala cara abaixo. Eu digo o que penso e estou aquí desencantado , en concreto falo de min e dei un paso de acordo a unhas melloras para o pobo e para os veciños, co cal me tiven que tragar moitos sapos e culebras, e agora vexo que solo serviu para dúas cousas, para crearme moitas enemistades e para cargar e fagotizar a agrupación política a que represento que é AXIL.

AXIL está fagotizada, liquidada, para que o entenda todo o mundo.

DaL: Pero fagotizada por que?

MPorque en AXIL tomouse esta decisión en asemblea, e todo mundo pensa que é cousa do alcalde e miña e decidiuse en asemblea. Porque a xente está descontenta.

DaL: Porque a xente non ve nada do que lle dixestes?

IMG 0415

A xente non ve nada das promesas que nos lle comunicamos a eles que nos fixeran, como grupo, e as cales aceptaron. Aínda así houbo case un empate técnico , e así a todo lémbraste que nos no 19 firmamos unha acta notarial e envaiñámonos  todo o que era enváiñable porque entendiamos que era un proxecto ilusiónante e impáctante para Xinzo e para os seus veciños.

E agora vemos, un ano despois xa se pode facer un estudio , e a xente di que o pobo sigue como estaba. A zona de actuación do Plan Urbe é tremebunda eu vou a diario e vou os fins de semana e a xente párate pola rúa e lle digo que teñen toda a razón do mundo. Xinzo non pode acometer esta reforma de modificación do Plan Urbe porque non podemos, somos un concello que estamos como estamos, estamos lisiados.

O tema é o seguinte, vai pasar o verán, que vai vir moita xente de fora nos meses de Xullo e Agosto, e temos lousas rotas, basta oír pasar un coche para oír o “cataclan” seguido, eu non me escondo ante os veciños, eu cada 15 días paséome todo o pobo e aumentan as lousas deterioradas. A capacidade para reparalas é imposible , porque xa se fixeron 4 actuacións durante estes últimos 5 anos e vemos que non vai adiante porque os técnicos din que a base do subsolo que ten que soportar as lousas é inestable e hai que actuar sobre a base, senón ...2

DaL: Si, so son parches de dous meses

M: Exactamente. E a actuación do Plan Urbe conleva un cambio substancial na zona de influencia. Si se quere facer unha zona de esparcemento, onde a xente poida mercar, un centro comercial aberto onde a xente poida estar con tranquilidade e o tráfico, como en calquera outra vila aínda de menor categoría e da provincia de Ourense, teña unhas zonas comerciais que redundan nos negocios positivamente e a xente que salga tanto a hostaleira como o comercio a comprar pois cunha tranquilidade porque é unha zona peonil. O Plan Urbe non só é agora en si, senón a transformación de Xinzo.

Sería o espazo transformado moi positivamente e en menor medida pero podía ser un tema parecido que ira da man coma a humanización da travesía, as avenidas de Ourense e de Madrid, serían pasos importantes, porque se notaría que cambiaba a fisionomía de Xinzo para mellore estamos sen nada, senón cumprimos a promesa do 2023 que será no 2024, o pavillón o auditorio... e vou para aí.

Unha tremenda milonga, non me boto a rir porque é para chorar.

DaL: Véselle  moi desencantado

M: Pois claro, é que teño que estar desencantado, oxalá puidera dicir que mereceu a pena embarcarse neste proxecto, porque os veciños e o pobo o van a desfrutar pero estamos nunha parálise, nunha inanición.

DaL: O coste inicial do pacto foi moi grande para agora chegar a isto, a nivel de pobo

M: A nivel de pobo, uns pagárono mais que outros. Aquí parece que a factura so a paguei eu, os outros ao mellor non lle foi tan difícil pero a min si, e sígueme sendo, a xente aínda me di agora cada vez mais e non sen razón:

“Moncho o final para que...”

Entón, como vou estar contento? Eu non minto, eu son unha persoa que digo o penso, a veces debería morder a lingua, como di a miña muller, e contar non ata 10 senón ata 100, pero non, porque senón deixaría de ser eu, non seria a miña personalidade. Para ben ou para mal, Moncho é como é, eu son critico cando debo selo, son agradecido cando debo selo. Ninguén pensaba chegar a un cuarto desta lexislatura, deste grupo de goberno, con tan poucas cousas. Eu entendo o que hai, entendo que houbo eses cambios no PP e entendo que o mellor hai xente que agora xa non esta entón é complicado, pero si tes compromisos só pido seriedade. Seriedade como a tivemos nos a dar o paso, seriedade e respecto a figura do alcalde como teño eu, porque é amigo e non me gustaría deixalo solo pero aquí o alcalde e o grupo de goberno pode quedar estando Moncho no grupo dos non adscritos, así estou.

É serio e que salga xa dunha vez, sinto unha tristura tremenda e síntome enganado.

DaL: Non polos teus.

M: Non, os meus portáronse coma cabaleiros, por os meus estou aquí e sigo aquí a estas alturas da travesía. Por respecto o alcalde e os meus ou os meus e o alcalde. E fastidiaríame moito, pero o mellor é o que necesita a estas alturas da travesía, e o que necesita como impulso cara esas inversións. Si paso o grupo mixto votarei todo aquelo que veña a prol e favor de Xinzo sen dubida. Pero agora non me vou e deixo a acta coma fixen no 2013, cando estaba no PSOE, entón despois eu estarei aí e o que sexa positivo para Xinzo.

DaL: Iso de que estarei que significa? Estarás aí no grupo mixto pero cando vas a estar? Que che falta para dar ese paso ou para non dalo?

M: Pois case nada, para dalo case nada si todo sigue como ata o de agora. Se hai movementos nas institucións como os ten que haber, se non as vai haber é moi complexo que eu siga aquí.

Non é a decisión que tome eu, eu tomo a decisión debido a.... Pero quero que quede retratado que o PP non lle interesa Xinzo, coma nos venderon.

DaL: O PP de Ourense e o PP Galego

M: Claro, eu entendo que é así. Nos fixemos todo o que tiñamos que facer, que era dar un paso, polo cal fomos denostados, insultados e ameazados.

DaL: O custe inicial foi moi grande

M: Sigue sendo, para algúns non foi nada no principio nin sigue sendo, pero para min segue sendo, non nesa intensidade pero sigue sendo, a min fastídiame moito que a xente faga a zancadilla, que agache a cabeza cando paso eu  e que me sinalen. Xa non teño redes sociais debido a iso precisamente. Amigos que me trataron moi mal e que xa non están, os cales respecto e respectaba moito, porque aínda que non o pareza son un home de ideoloxía e de aí este paso a favor do concello de dos seus habitantes. Si me abocan o que me abocan pois o sinto moito pero xa o dicía o humorista: “Ir pa´na es tontería”.

DaL: Antes falabas de fagotizar, AXIL está morto?

M: AXIL está rematado, porque demos un paso que moita xente non entendeu, somos moi transversais, tiñamos votos de todos los lados pero tiñamos mais votos do PP.

DaL: Tiñades uns votos do PP, unha xente que no seu momento estaba adscrita a o PP e por o que fora marcháronse a onda vos, e resulta que agora vos ides onde eles, entón para que este viaxe de ida e volta?

MDate conta que como me dixo un veterano político do PP: “é a primeira vez que unha forza que non sexa PP gana nos pobos, no rural”. Para nos é un orgullo, querer gañar en Xinzo xa é mais complicado, pero gañar en pobos como Piñeira, Ganade, Lamas, Morgade iso é un fito, nunca pasou. O mellor parece que somos mais da boina que do birrete pero estamos pendentes de todo, de Xinzo, dos pobos, como non podía ser doutra maneira, pero vemos que os pobos tamén seguen como estaban, non melloraron en nada.

Vemos que todas as promesas o mellor vanse a notar en Xinzo algo pero con actuacións puntuais pero o esforzo da Deputación que é un esforzo grandísimo, aínda que ten tamén os seus atrancos coma todo. Teñen o plan COPEROU, pero o plan é para toda a provincia, Xinzo non nota os arranxos de vías como os ten Rairiz de Veiga, Vilar de Santos, Sandiás, Trasmiras, Vilar de Barrio, de todos os colores.

DaL: Hai algún culpable de que nada do prometido veña?

M: Igual se fixeron promesas que non se podían cumprir.

DaL: E que di a outra parte do goberno?

M: Eles saben o que hai, tamén o ven e nalgunha xunta o teño dito, cando nos reunimos.

DaL: Ante iso que din eles? Que fan, nada?

M: Non, non é que non fagan nada. Pois moven na medida das súas posibilidades , uns na Deputación, outros na Xunta, pero ...

Cónstame e creo a ciencia certa que se están esforzando no tema.

DaL: Ti crees que eles fan todo o posible para que pacto, o acordado siga adiante?

M: Si, a min cónstame que as persoas que están aí e teñen unha maior relación ca administración autonómica e ca administración provincial, se están movendo, outra cousa é que teñan a capacidade ou que os escoiten, pero tampouco é doado. Nos pensabamos que Xinzo era importante para o PP provincial, agora pasará o caso de Carballiño entón xa serán eles mais importantes, pasará en Ourense, entón nos estamos aboados a que?

É fácil de entender e difícil de dixerir e difícil de explicar tamén, pero é o que hai, é a realidade que hai ou a que eu observo e iso que observo bastante, porque dedícolle moito tempo, aínda que podía ser mais, a cuestión pública.

3

DaL: O coste foi moito e está sendo?

M: Houbo que aguantar improperios de todo tipo

DaL: Que non tiñan porque ser...

M: Debían ter un pouco de confianza, e saber que cando unha persoa de esquerdas , pero de esquerdas esquerdas, da ese paso sería por algo.

DaL: En beneficio deste caso do que ti esperabas, que eran proxectos para Xinzo.

M: Ti dis que minorou pero agora xa vai outra vez “increchendo”, porque os veciños non se poden enganar, e pregúntanme: “para que ese paso Moncho? Si o final foi unha tremenda milonga, un tremendo engano”. Que si, que hai que ser cautos, pero levamos 13 meses de goberno.

DaL: E a avenida de Ourense, como está iso? Que sabedes?

M: Non quería entrar en valorar e comparar porque as preguntas son moi sutiles.


DaL: Simplemente é un proxecto que está comprometido, da outra vez dixeches: séguennos pedindo documentación e entregámola toda

M: Por parte do concello esta mais que subsanada as subsanacions que non é facer un proxecto novo, se fora facer un proxecto novo como nos piden no Plan Urbe sería imposible. Nos fixemos subsanacións , a enxeñeira que fixo o proxecto parece que non estivo moi inspirada na redacción do mesmo, entón as subsanacións técnicas do proxecto si que conlevaron mais tempo, porque si houbera que facer un proxecto novo non se chegaba, si houbera que entregalo no 2025, pero o prazo ampliouse ata o 2026. As informacións que temos dende o Ministerio é que flúe correctamente e agora que vaia adiante.