Mañá os regantes da Limia terán a asemblea definitiva para o plan de regadío

Mañá os regantes da Limia terán a asemblea definitiva para o plan de regadío

 Nós, os catro presidentes das comunidades, sempre estivemos tranquilos, porque o que nos prometeron sempre se cumpriu.

 Hai algunha “voz” discordante, polo que os presidentes decidiron convocar unha asemblea para explicar a situación actual, e dar o pistoletazo de saída a este proxecto, que segundo os dous “Amadores”, será a maior inversión na comarca da Limia nos últimos 100 anos e dos próximos 50.

O pasado xoves o presidente da comunidade de regantes NOVA LIMIA Amador Saborido  e o alcalde de Xinzo,  e vicepresidente Amador Díaz mantiveron, a que parece ser xa será a última reunión, esta vez co presidente da Xunta e o da Deputación, dos cales escoitaron “alto e claro” e así lle pediron que llo transmitisen aos agricultores, que a Xunta ratifica os acordos e os compromisos que no seu día lle transmitira o conselleiro. “O que se comprometeu por parte da Xunta e a Deputación, vai vir.

1

Foto arquivo asemblea anterior

Nós, os catro presidentes das comunidades, sempre estivemos tranquilos, porque o que nos prometeron sempre se cumpriu. Facían falta os pozos e viñeron, facían falta os motores e viñeron, se todo iso se cumpriu e xa estamos regando cos pozos legais, non tíñamos por que desconfiar, como non teñen que facelo os socios.

O único que falta e asinar en papel o acordo de Xunta e Deputación e por fin dar o pistoletazo de saída as obras que levará a cabo Tragsa por encargo de SEIASA que ven sendo o Goberno Central.

Xa temos constancia que en algunha nave de Xinzo, xa hai acopio de material para comezar canto antes.

Amador Díaz tamén manifestou que na reunión estivera presente a Dtra. de AGADER, por que a conselleira estaba de viaxe e persoalmente di que eles nunca dubidaron da promesa do conselleiro, que era co que estaban as negociacións, e agora loxicamente todo iso está ratificado polo presidente da Xunta.

Todos os membros das comunidades teñen no seu poder un escrito cos compromisos do anterior conselleiro e o Pte. da Deputación, pero algúns agricultores dubidaban da legalidade do escrito. Neste momento o compromiso e o escrito será asinado polo presidente da Xunta. Esperamos que esas dúbidas queden disipadas, porque nos non estamos de broma, estamos cun proxecto de 50 M€ totais, que vai a transformar a comarca para sempre.

Nos vimos, máis satisfeitos, se cabe desta reunión e o que queremos é que comecen as obras , si pode ser o martes, que non sexa o mércores.

REUNIÓN PARA RATIFICAR AO PRESIDENTE AMADOR SABURID,  PARA ASINAR O DOCUMENTO DE INICIO

Na asemblea pasada xa se ía a votar ese acordo e ante o malestar de algúns dos agricultores paralizouse e despois de todas as aclaracións pertinentes, coa claridade e transparencia que se fixo ata o de agora, se levará a asemblea de mañá para a súa ratificación e arranque das obras.

Esta vez abriuse , non solo ás directivas, se non a todos os socios, aínda que legalmente non facía falta, pero en aras a esa transparencia, queremos que así sexa. Rogamos que asista o máximo número de membros das comunidades.

Neste momento o tempo xa corre na nosa contra, porque os prazos europeos son moi estritos.

800 Ha. Queren entrar no plan cando se poida

Para desmentir os rumores que andan nas tabernas diremos que dende o comezo da primeira fase no ano 2023 botáronse abaixo 23 ha e nesta 2ª 11 en total 34 ha. Por contra neste momento temos peticións de propietarios para entrar de 800 ha. Que terán que esperar ata o momento de abrir outra vez outra fase, que xa terán que ser aceptadas esas peticións pola asemblea correspondente.