Obradoiro sobre consumo para rapaces de Sandiás
Celebrouse o pasado mércores coa presenza de case medio cento de nenos e nenas
Animado de maneira moi dinámica e cercana por Belén comezou a actividade coa 1ª sesión: 10.30 h- 11.30 h. XOGUETEANDO: UN LECER DIFERENTE. Participaron os nenos e nenas máis pequenos do PAI e do Ceip. Nun primeiro momento Belén narrounos un conto animado (As vacacións de Antía e Xan) para promover un consumo responsable e un lecer activo, traballando ademáis os xoguetes seguros e sen rochas. Na segunda parte realizouse a fabricación polos nenos e meniñas dunha volvoreta con cartolina, pinza de madeira e palletas de aspirar liquidos, presente no conto e que levaron para a súa casa. A mensaxe transmitida era que con cousas feitas a man e non necesariamente compradas podemos gozar do noso tempo de lecer.
A segunda 2ª sesión: 11.30 h- 12.30 h. A XINCANA DO CONSUMO RESPONSABLE estaba dedicada aos máis maiores. Realizouse unha xincana onde varios grupos tiñan que superar diferentes probas nas que traballaban cuestións relacionadas co consumo responsable. Tamén traballaron a través dun xogo de probas as 3R (reciclar, reducir, reutilizar) e o contido dos envases para o lixo así como os puntos limpos. Finalizaron o obradoiro cun xogo de puntos en torno ao descubrimento de palabras a partir dunha descrición.
Entre unha sesión e a outra os máis maiores celebraron os aniversarios da súa compañeira Aroa cun expléndido almorzo. En definitiva, unha intensa e divertida mañá en aprendizaxes para a vida.
A actividade encádrase no programa da Xunta de Galicia, que desenvolve o Instituto Galego do Consumo e da Competencia durante o verán 2024. A campaña ten como obxectivo ocupar o tempo libre do verán dos rapazas e rapaces dun xeito lúdico e ao mesmo tempo instrutivo. Así, a través do concepto de lecer responsable, trabállanse diversas temáticas relacionadas co consumo responsable.