Volta o Festival Internacional de Bandas de Gaitas "Vila de Xinzo", cunha homenaxe especial a Rúben Seoane

Volta o Festival Internacional de Bandas de Gaitas "Vila de Xinzo", cunha homenaxe especial a Rúben Seoane

Esta será a súa 6ª edición, despois de tres anos de parón dende a pandemia

As Festas da Santa Mariña traen de volta o Festival Internacional de Bandas de Gaitas. Os actos terán lugar na tarde/noite do sábado 20 dentro do programa das festas de Xinzo.

Esta 6ª edición estará adicada a figura de Rubén Seone Rodríguez, recentemente falecido, gaiteiro da banda de Xinzo e músico do grupo Habitación Vudú. Como mostra de cariño a súa imaxe presidirá o cartel.

Ruben seoane

Ahí que falar co concello para alternar un año o certamen de bandas de gaitas e otro año o festival, pero inda está por decidir

Fernando Dopico quere resaltar que: "Rubén é merecedor desta homenaxe e moitas mais cousas. O recordo e o cariño que lle temos a Banda de Gaitas e a Escola de Xinzo e os seus compañeiros, onde el se formou dende neno e na que tocou durante moitos anos."

Este ano a novidade estará no peche do Festival, onde o último tema correrá a cargo da banda titular de Xinzo, os que se lle sumarán antigos compoñentes da banda da época de Rubén e xente doutras formacións, incluídos os compoñentes de Habitación Vudú. Onde tocarán "Tigre Xoán", un tema que el gravou co baixo eléctrico. Para a apertura, como xa é tradición, a Banda B dará comezo o Festival. O resto de agrupacións invitadas actuarán no medio destas.

As bandas invitadas serán: a Banda de Gaitas de Candás, o sexteto Toxo Queimado de Baleira (Lugo), a Banda de Trasmiras e por suposto as Bandas Xinzo A e B

"Ainda que o presuposto é limitado, o obxectivo é que as bandas que veñan se sintan ben acollidas e tratadas a nivel de aloxamento, a nivel de comida e a nivel da exibición. Non é un festival moi ambicioso pero hai que adaptarse." comenta Dopico.

O sábado 20, sobre as 18:00 h, pendente de confirmar, haberá un pequeno desfile que dará posterior inicio o Festival, que comenzará sobre as 19:00/ 19:30 ata as 21:00 h. E o domingo ao mediodía as Bandas Candás e Toxo Queimado farán un pasarruas.

O xoves 18, o día de Santa Mariña, o coro Aimil vai actuar facendo animación polas rúas, entre as 20:00 e 22:00 h, cantando.

E a Banda titular na primeira semana de Agosto, o xoves día 1 arrancan para Xixón, ao Festival "Villa de Gijón", despois diso descansaran ata principios de Setembro.