Unha ex alcaldesa satisfeita

Así quedará a avd. de Ourense (Infografía)
Unha ex alcaldesa satisfeita

Elvira Lama di que: tan solo esta obra, paga de abondo 4 anos de alcaldía 

Hoxe cumprimos unha dobre misión:

- A primeira con Xinzo, coa aprobación dun proxecto de vital importancia para a vila e que marcará un antes e un despois para todos e todas as que vivimos nela.

- A segunda, que para min é especialmente importante, coa palabra dada nun tempo en que as promesas e mesmo os compromisos se escriben moitas veces sobre papel mollado.

Veñen ambas reflexións a conto de que acabo de asistir na Subdelegación do Goberno en Ourense á detallada explicación de Ángel del Río, Xefe de Demarcacion de Carreteras en Galicia, sobre o proxecto de humanización da estrada N-525 en Xinzo, do que tamén foi un gran impulsor.

Un proxecto no que puxemos todo o noso traballo e esforzo desde o ano 2021 para que saira adiante, tal e como acaba de suceder, no que a miña implicación foi máxima e que agora será financiado íntegramente polo Ministerio de Transporte do Goberno de España con 4.799.995,85€ (IVE incluído)

Infografía 2

Unha grande nova que chega para contradecir as moitas declaracións dos responsables do PP local (máis de prometer que de cumprir), que nunca creeron neste proxecto, afirmando que só era una promesa (ten certa gracia que o digan eles), pero que hoxe vemos como se convirte nunha realidade que me enche de satisfacción, pois paga de abondo os 4 anos que estiven na Alcaldía de Xinzo.

Coa aprobación do director xeral de Carreteras, Juan Pedro Palomino, o pasado día 3 de xullo, comeza a fase de licitación e adxudicación desta obra tan importante na principal estrada do pobo, para convertela nunha travesía con tódolos servizos novos, beirarúas e carrís bici, que contará con duas novas rotondas e pasos de peóns sobreelevados.

Un proxecto que se executará, unha vez adxudicado en 12 meses e que, seguro, tamén ocasionará algúns trastornos, como todas as grandes obras, pero que transformará a fisonomía e urbanidade da vila para sexa un referente de mobilidade, seguridade e sostenibilidade a nivel nacional.

Sintome enormemente agradecida de ter contribuido a esta importante actuación que tanto necesita a nosa vila e quenes vivimos nela.

Este tempo, no que deixei de ser alcaldesa de Xinzo para liderar a oposición, demostroume que traballar por esta vila non ocupa lugar, pois seguiron sendo moitas as conversas co Ministerio para empurrar eloitar por este proxecto, moito máis, me atrevería a dicir, que o propio goberno local.

Pelexar por Xinzo é precisamente o que seguiremos a facer, como sempre, desde o PSOE, cos meus compañeiros, sen preocuparnos o lugar que ocupemos. Ogallá a Xinzo lle siga indo todo igual de ben como lle irá con esta importante obra.