Xinzo en flor 2024

Casa gañadora edicións anteriores nos pobos
Xinzo en flor 2024

Un ano máis o concello convoca o concurso XINZOENFLOR 2024 de embelecemento de balcóns e xanelas

O concello de Xinzo convoca a todos os veciños a tomar parte no embelecemento de balcóns e xanelas, tanto da capitalidade como dos pobos.

O obxectivo do concurso é, premiar a aquelas persoas polo embelecemento dos seus balcóns e xanelas aportando ó mesmo tempo mellora da calidade ambiental e estética , tanto na vila como nos pobos, así coma o esforzo e interese da cidadanía por coidar espazos públicos.


Hbera dous premios de 150 e 100 € en cada apartado para canxear nos comercios de prantas de Xinzo.

O prazo para inscribirse remata o 29 de xuño e o fallo do xurado será o 19 de agosto.

Os criterios de valoración por parte do xurado será o balcón ou xanela máis bela, para iso, débense usar plantas vivas como elementos ornamentais e deben ser visibles dende a rúa polo xurado.

As persoas participantes terán liberdade para embelecelos, pero sempre respectando a contorna (vivendas doutros veciños, rúa…) e garantindo a seguridade.

Valoraranse os seguintes aspectos:

Orixinalidade e creatividade da composición.

Calidade ornamental.

Harmonía e deseño do conxunto.


Laboriosidade.