O BNG Trasmiras esixirá un pleno extraordinario ante a grave situación xudicial que compromete ao goberno municipal.
María do Mar Alonso “As accións da fiscalía non eximen ao alcalde das súas responsabilidades políticas para as que foi eleito e solicitaremos que o alcalde e o seu goberno, comparezan ante o Pleno municipal para que dén as pertinentes explicacións ante as supostas irregularidades cometidas”.
O grupo municipal do BNG de Trasmiras, solicitará a celebración dun Pleno extraordinario de urxencia no concello de Trasmiras, á luz dos recentes acontecementos xudiciais que comprometen ao equipo de goberno do concello.
“Non acreditamos na xudicialización da actividade política e sempre
nos cinximos estritamente
ao ámbito político”, tal como sinala a voceira nacionalista de
Trasmiras. O BNG tiña solicitado
reiteradamente información en diferentes Plenos ao redor dos supostos
ilícitos que levaron a
actuar á fiscalía a investigar as diversas situacións irregulares do
concello. “Dende o BNG
solicitamos en diversos Plenos explicacións ante unha serie de
expedientes e pagos que
consideramos irregulares e dos que non obtivemos información por parte
do actual rexedor”.
Para o BNG é no ámbito político onde se deben resolver este tipo de
problemas. Por iso ante ás actuacións dos axentes da fiscalía na casa
consistorial de Trasmiras, por uns supostos delitos
de seria gravidade, que xustificaría dita intervención, insistimos en
que é no ámbito institucional e político onde se deben clarificar polo ben da
veciñanza, a xestión que se fai dende o concello por parte dos representantes
políticos.
O grupo municipal do BNG de Trasmiras agarda que “os supostos ilícitos
de malversación de
fondos públicos e prevaricación, supostamente cometidos polo actual
alcalde de Trasmiras,
sexan resoltos debidamente e coa máxima dilixencia polas autoridades
polo ben do concello.”
Por elo, esiximos ao rexedor que dé as debidas explicacións públicas
no ámbito da súa responsabilidade, polo que debe comparecer ante o Pleno
municipal, razón pola que solicitaremos un pleno extraordinario de
urxencia, no que responda as preguntas e dúbidas
que suscita a súa xestión política.
Ademais de solicitar o pleno
extraordinario e de urxencia, esixiremos que se nos dé acceso aos
expedientes
que suscitaron a investigación e intervención da fiscalía en Trasmiras.