Día de inscripcións, "briefing" e cea de benvida

Momento das explicacións no pavillón de deportes de Baltar
Día de inscripcións, "briefing" e cea de benvida

Mañá comeza o campionato de España de Parapente en Baltar

Ao longo desta tarde foron chegando a maioría dos pilotos que mañá tomarán parte no primeiro día de probas do campionato de España de Parapente que por primeira vez se celebra en Galicia e que rematará o próximo domingo.

20240713 202349

A Casa de Cultura de Baltar era un dos sitios neurálxicos deste primeiro día no que á hora de explicar aos pilotos as normas deste campionato e os diferentes servizos dos que contan, como son remontes e recollida,  xa estaban inscritos máis de 120 dos 135 que se espera estean mañá na saída do primeiro día.

20240713 210138


O director de carreira , do club parapente Baltar, que nesta ocasión non poderá optar ao título como piloto destacado que o é do panorama nacional, foi o encargado de dar a benvida a todos os pilotos e despois de todas as explicacións técnicas e organizativas desta proba en particular invitou no nome do club e do concello a unha cea a base de porco ao espeto.

O concello habilitou unha zona de acampada e outra de aparcamento para as moitas carvanas nás que se achegaron moitos dos pilotos participantes, ademáis de encher os establecementos hoteleiros da comarca, incluido Xinzo.




O último campión do mundo está na proba de Baltar e será a "peza" a bater na súa categoría.

20240713 203418