Un avogado, do que os propios compañeiros de oficio, falaban ben

A Boullosa (Baltar) volcouse co recordo ao seu ilustre veciño Antonio Valencia

Foto de familia de todos os presentes no acto da Boullosa
A Boullosa (Baltar) volcouse co recordo ao seu ilustre veciño Antonio Valencia

 No día de onte todo o pobo da Boullosa arroupou ao seu alcalde, como cabeza visible dunha iniciativa dos veciños.





 Primeiro foi unha cerimonia relixiosa á que deu paso ao descubrimento dunha placa en recordo do seu ilustre veciño o avogado Antonio Valencia, placa que se colocou na “casa do pobo” o antigo teleclub.

DSC4288

O alcalde dirixíndose aos veciños

Ningún veciño se quixo perder o acto que segundo manifestou o alcalde, foi unha iniciativa totalmente veciñal, e que el, como representante levou ao pleno. Anteriormente  ó 26 de abril o concello xa tomou o acordo de nomealo fillo predilecto do concello de Baltar.

DSC4275

Descubrimento da placa por unha veciña

A placa foi descuberta por unha das veciñas promotoras do acto. Jose A. Feijóo tomou a palabra para no seu nome e dos veciños comentar que era un orgullo para o concello poder dicir que o avogado Antonio Valencia fose veciño. Na súa intervención ademais de ler varios artigos periodísticos despois do seu pasamento no que en todos eles se falaba da bonomidade de Antonio, chegando a denominalo “o avogado dos pobres”.

DSC4307

Sobriña de Antonio agradecendo a presenza da maioría dos veciños

Tamén tivo que ler un escrito de Luis Menor, presidente da Deputación, que non puido estar, aínda que lle agradaría no acto, recordando o seu paso como letrados dos xulgados de Ourense e o seu contacto estreito con Antonio.

Como fin das intervencións, unha sobriña de Antonio, quixo agradecer a todos a presenza e as verbas que todos dedicaron a figura do seu tío.

Rematado o acto os veciños, auto invitáronse a uns pinchos de mediodía, rematando así este pequeno homenaxe  no seu pobo natal.