O verán en Xinzo ven cheo de música e cultura

O verán en Xinzo ven cheo de música e cultura

Dende o Concello queren por en valor os recursos culturais e turísticos de Xinzo, e así atraer mais visitantes a vila e os pobos dorredor.

Esta maña, na casa do concello, tivo lugar a presentación oficial do programa do verán.

1

Un programa repleto de concertos, espectáculos e actividades de tipo cultural, que queren por en valor os recursos culturais e turísticos de Xinzo e comarca, para xerar riqueza e actividade económica.

Para levar a cabo estas actividades colaboraron a Concellería de Festexos, a Concellería de Cultura e a Asociación Civitas Limicorum.

2

O programa xa comezou coa visita teatralizada o Mosteiro de Trandeiras, a cal foi todo un éxito de participación e de posta en escena. Dado o bo recibimento querese facer o mesmo na Torre de Pena, pondo así en valor a historia da comarca.

Continúan coas Festas de Santa Mariña, nas que levan traballando dende fai meses. Nestas festas cabe destacar o 6º Festival Internacional de Bandas de Gaitas, onde se lle vai facer unha homenaxe póstuma a Rubén Seoane, músico que pertenceu a Banda de Gaitas e era membro do grupo Habitación Vudú.

O 23 de Xullo, todo aquela persoa que queira participar, esta invitada a Aula Cemit para doar a súa voz para a IA, e así crear unha "SIRI Galega". Dende o concello consideran importante participar en todo aquelo que fomente a nosa lingua.

3

O obxectivo este ano e que as diversas actividades se leven a cabo nos diferentes barrios de Xinzo, e non so nos sitios habituais. Incluso cabe a posibilidade de que haxa "cines de verán", o aire libre, nos pobos da contorna con mais habitantes, para así dinamizar e ofrecer ocio e cultura o maior número posible de veciños e veciñas.

Xa en Agosto, haberá diversas actividades para os mais cativos, e xa como remate do programa a 24ª edición da Festa do Esquecemento. Onde dende a asociación remarcan que participaran entre 600 e 700 persoas na representación histórica castrexo-romana. 

Collage 2024 07 16 12 58 07