Xinzo honrou a súa patroa Sta. Mariña
15:34 18/07/24
15:34 18/07/24
As altas temperaturas da mañá non foron impedimento para que a procesión percorrera un longo traxecto por varias rúas do pobo
Coa solemnidade que se espera nun día como este, o da patroa, todas as autoridades, agás os membros do bloque, acompañaron na procesión a Sta. Mariña, que despois da saída da igrexa Vella dirixiuse ata a praza que leva o seu nome para rematar na igrexa Nova, despois de percorrer un longo traxecto que a levou ata o parque para voltar pola rúa dous de maio e Lepanto ata a igrexa.
A música das rúas estivo a cargo da Banda de Gaitas de Xinzo e da banda da Agrupación Musical da Limia.
Remataron os actos cunha misa a que asistiron moitos ferigreses da parroquia, como de costume.