Emocionado e sentido recordo de Rubén Seoane

O público posto en pe aplaudindo no fin da interpretación conxunta
Emocionado e sentido recordo de Rubén Seoane

O VI Festival Internacional de bandas de Gaitas VILA DE XINZO rendeulle unha homenaxe ao músico e amigo de todos.


Na tarde de onte celebrouse a sexta edición do Festival Internacional de bandas de gaitas VILA DE XINZO que xa facía uns anos que non se levaba a cabo e decidiuse retomalo neste 2024. Este ano o festival tivo ademais do musical un aliciente engadido, cal foi a homenaxe que dende a Escola Municipal de Gaitas se quixo facer co que durante moitos anos foi membro da mesma, recentemente falecido con grande door no panorama musical, non solo da vila se non tamén provincial, pois Rubén formaba tamén parte do grupo de rock Habitación Vudú.

4



PARTICIPACIÓN ANTIGOS MEMBROS

O fin do festival estivo dedicado a figura de Rubén, coa interpretación polos membros de Habitación Vudú dunha peza composta por Rubén e para o remate final a banda de Xinzo uníronse moitos músicos que pertenceron a mesma e foron compañeiros de Rubén, que non querían deixar pasar o acto emotivo no que entre todos e a banda de rock interpretaron unha peza do repertorio dos roqueiros, interpretación que pechou a xornada con todo o público en pe, ofrecéndolle un caloroso e moi efectivo aplauso de varios minutos.


5

Agradecemento do irmán de Rubén en nome da familia

Compañeiros de Rubén na banda fixéronlle entrega duns ramos de flores a familia e o irmán subiu ao escenario para agradecer a todos as mostras de cariño e afecto cara a toda a familia.

6

O público non puido reprimir as bágoas durante moitos minutos do acto 

Vídeo da última interpretación conxunta