Volveu ao calendario o festival de bandas de gaitas a Xinzo
As bandas A e B de Xinzo, a banda de Candás o sexteto Toxo Queimado e a banda de Trasmiras compuxeron o cartel
A tarde comezou cunha recepción as bandas participantes no salón de plenos do concello polo alcalde, recibindo tamén a Xosé Luis Foxo, director da Real Banda o cal aproveitou para interpretar unha peza cunha gaita do Caurel que ten máis de 200 anos.
Banda B de Xinzo
Despois foi o desfile das bandas polo pobo para reunirse na praza Carlos Casares e comezar o festival.
Participaron as bandas A e B de Xinzo, a banda da escola de música de Trasmiras o sexteto Toxo Queimado da provincia de Lugo e a banda de Candás, que nunca pode faltar nos festivais de Xinzo.
Banda Trasmiras
Quen si faltou por mor dunha urxencia foi o organizador do certame Fernando Dopico ao que se lle agradeceu todo o traballo realizado e esperando que todo volva a normalidade en poucos días.
Sexteto Toxo Queimado
Estiveron presentes, ademais de moitos veciños e veciñas o alcalde Amador Díaz, os concelleiros de festexos Ricardo Sieiro e a de SS.SS. María Ángeles Martínez, a portavoz do PSOE e ex alcaldesa Elvira Lama e o alcalde de Trasmiras Emilio J.Pazos.
Grupo Habitación Vudú
Ademais das bandas actuou tamén, cunha soa peza, o grupo Habitación Vudú como parte da homenaxe que o festival fixo ao ex compoñente da banda Rubén Seoane membro do grupo de rock ata o seu triste pasamento fai uns meses.
Banda Candás
As autoridades antes do remate fixeron acto de presenza no palco para facer entrega dos agasallos as bandas participantes.