3 furtos na mesma tarde en supermercados de Xinzo
Roubos en tres supermercados de Xinzo
Este sábado dous individuos roubaron no Mercado, en Gadis e en Eroski.
A media tarde deste sábado a policía Local de Xinzo recibe unha chamada dun GC que non estaba de servizo, de que acaba de ver como dous individuos saíron cun carro cheo de aceite do Mercadona, sen pagar. Os axentes que estaban de servizo nese momento na praza Carlos Casares no festival de gaitas, trasládanse urxentes ata o lugar e atopan o coche dos "presuntos", procedendo a súa identificación e revisión do coche.
ACEITE E QUEIXOS
No maleteiro do coche atopan garrafas de aceite e no asento de atrás queixos. O aceite foi o "motin" que sacaron do Mercadona e os queixos eran procedentes de anteriores roubos dos outros súper.
Cando os axentes ían proceder a súa detención, un dos asaltantes xa lle inquiriu ao axente que ..."tranqui, que son menos de 400 €. Comprobando o prezo cos encargados do establecemento, efectivamente solo sumaba o sustraido 384 € co cal so é un furto de menor contía, co cal solo é un delito leve.
"Son profesionais destes roubos, van roubando en varios establecementos, pero sempre por debaixo dos 400 €. Non se poden acumular aínda que sexan un tras outro". (xefe policía local de Xinzo)
O xefe da policía recomendan que aínda que a cantidade sexa pequena, denuncien, para que cando se teñan 3 condenas executorias, si implica carcel. A diferencia entre os delitos é, delito grave que xa comporta detención e os leves (-400 €) solo comporta identificación e denuncia loxicamente a autoridade xudicial, que foi o que fixeron os axentes.
Segundo indica o xefe da policía, estes individuos parece que se trasladaron dende outros lugares e agora está pola comarca, co que deben estes establecementos é tomar medidas e estar atentos.
MODUS OPERANDI
Basicamente, continua explicando o axente, eles van collendo e sumando o que collen, arrincan pegatinas para que non soe ou dentro de bolsas de aluminio, para que non soen as alarmas. Pagan uns produtos e ocultan os outros saíndo "tranquilamente" do establecemento.