Non foi no recente campionato de España realizado en Baltar

Accidente cun parapente no camionato de Portugal

Foto arquivo campionato de España en Baltar
Accidente cun parapente no camionato de Portugal

O piloto chocou contra a montaña en Niñodaguia (Baltar)

O piloto foi trasladado a bordo da aeronave medicalizada con base en Ourense ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Daban as 18:30 horas cando un particular contactou co 112 Galicia para informar do accidente producido en Niñodaguia, no concello de Baltar (Ourense). Segundo informaba, o parapentista batera contra unha montaña cando estaba participando nunha competición. A maiores, atopábase nunha zona de difícil acceso, polo que para o seu rescate era preciso a participación dos equipos de emerxencia.

Axiña, desde a sala de operacións do 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Xinzo, que foron os encargados de rescatar ao ferido e de trasladalo ata o helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para o seu posterior traslado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

A maiores, cabe destacar que desde o 112 Galicia tamén se solicitou a intervención dos axentes da Garda Civil e da Policía Autonómica e dos membros de Protección Civil.