Localizado o "pintor" que se dedica a atentar contra o patrimonio
13:08 22/07/24
13:08 22/07/24
Subiu ás redes un vídeo onde aparece facendo unha das pintadas
O sábado a policía local de Xinzo identificou ao responsable de varias pintadas, algunha delas en patrimonio arquitectónico de Xinzo.
O individuo subiu nun vídeo unha das pintadas, polo que foi localizado como un "habitual" desta clase de pintadas con spray.
Vartias das pintadas atribuidas ao mesmo "artista"
A policía local foi ata o lugar comprobando que a pintura aínda estaba fresca e sendo igual a outras de outros lugares, tendo tamén a mesma "firma".
A Policía vai a proceder a denunciar ante a fiscalía estas pintadas como atentado ao patrimonio, co que esperan que sexa detido por estes feitos.