O 4 de Agosto volta a Feira da Pereira

O 4 de Agosto volta a Feira da Pereira

Como cada primeiro domingo de Agosto volta a Feira da Pereira, na parroquia de Sabariz (Rairiz de Veiga).

Este ano entre as múltiples actividades volvera a lectura de poemas de Antón Tovar (nado na Pereira), a cargo do escritor; Delfin Caseiro, da alcaldesa de Rairiz de Veiga; Asunción Morgade, do exalcade de Vilar de Santos; Xosé Antón Xardón Dacal e Chelo Vázquez (nai de Ledicia e traballadora do concello). 

A diseñadora do cartel de este ano foi Ledicia Prieto Vázquez, veciña do concello, que tamén fixo o cartel do ano pasado cun retrato de Antón Tovar que estará exposto durante a lectura dos poemas.

WhatsApp Image 2024 07 22 at 13.02.25

Durante todo o día haberá obradoiros tradicionais, incluíndo un obradoiro de cestería gratuíto para todos aqueles que se animen a facer un cestiño e levalo como agasallo para casa.

WhatsApp Image 2024 07 22 at 13.01.56

Ademais de cinco actuacións musicais para amenizar o día, pola mañá a Asociación Cultural Aturuxos do Miño e o grupo limiao Eskachapalletas. Xa de tarde as pandereteiras da Asociación Cultural María Soliña (de Cangas do Morrazo), a cantante limiá Esmeralda Fernández Dorado, que fora gañadora do concurso Recantos do Luar e xa como remate a actuación do grupo de pandereteiras e cantareiras das Bruxas (Xinzo de Limia).

WhatsApp Image 2024 07 22 at 13.01.57

Para este ano están confirmados mais de 10 de postos de artesanía e comida, o cal nos indica que a feira pouco a pouco vai en aumento. Haberá unha carpa para xantar,  onde se poderá comer polbo e churrasco.

De 11:00 a 14:00 h haberá colchonetas gratis e a partir das 16:00 h volven os xogos tradicionais para todas as idades, a cargo de "A Rosa dos Ventos".

As 17:00 levarase a cabo o sorteo dunha freidora de aire, as papeletas pódense mercar no bar de Sabariz, nos diferentes locais da zona e xa o mesmo dia nalguns postos da feira.

Como novidade este ano teñen camisetas a venda da Feira da Pereira, ainda que nos din que xa non quedan moitas, por 10€ unha pode ser túa. Están a venda no instragram @feiradapereira e o mesmo día no posto de artesanía de Ledicia.

WhatsApp Image 2024 07 22 at 18.56.29