Celanova tamén se convertera na cuna da música de órgano

Celanova tamén se convertera na cuna da música de órgano

Primeiro ciclo de concertos NOCTURNOS DE ÓRGANO

A igrexa de S.Salvador de Celanova, será o escenario no que por primeira vez se terá a oportunidade de mergullarse na rica historia e sonoridade do seu magnífico instrumento barroco, construído en 1.710 polo escultor Castro Canseco

A partir do sábado 27 día do primeiro concerto, e todos os sábados de agosto ás 21:00, solo 80 persoas terán a oportunidade de escoitar Música Medieval, Tradicional, Actual e de bandas sonoras, a traves dos 1827 tubos cos que conta o órgano da igrexa. O prezo para cada sábado será de 10 €. As entradas poderanse adquirir na páxina: www.iglesiasanrosendo.es.

MIL OITOCENTOS VINTESETE TUBOS 

Ao longo dos anos, este órgano experimentou transformacións significativas, como a realizada en 1.776 polo organero franciscano Frei Felipe da Pena e a adición dun novo teclado en 1.801 por Francisco Urumburu, aínda que a súa fermosa caixa perdurou intacta ata os nosos días. No século XIX, o órgano modernizouse cunha mecánica eléctrica, e no ano 2001, o organero suízo Hans Späth levou a cabo unha renovación completa, instalando unha mecánica actualizada que inclúe dous teclados, un pedalero de trinta notas e 32 rexistros, sumando un total de 1.827 tubos. 

Situado no coro alto da igrexa, este órgano brinda unha ampla variedade de cores e tons de timbre, permitindo crear atmosferas evocadoras que transportan ao oínte a outras épocas e lugares. Os concertos programados na Igrexa de San Salvador destacan a diversidade de estilos e sons que o órgano pode ofrecer, presentando obras de distintas épocas e compositores. É unha oportunidade única para apreciar a versatilidade e a beleza deste instrumento sinfónico por excelencia.