Os socios aprobaron a xestión da directiva do Antela

Os socios aprobaron a xestión da directiva do Antela

O saldo económico deu unhas perdas de pouco máis de 7.000 €

Hoxe estaba convocada a asemblea de socios o Antela para aprobar, no seu caso, o balance da temporada 23/24, os presupostos da vindeira e rogos e preguntas.

A directiva presidida por Pablo Losada presentou unhas contas que entre os tres equipos que dependen directamente do Antela F.C. presentaron un balance negativo de pouco máis de 7.000 €.

Presentaron o presuposto para a vindeira na que manteñen as mesmas cotas, tanto para socios como para anunciantes.

Como todo foi ben, e como é de lei os directivos foron celebrar o resultado da asemblea cunhas cervexas.


7ca7e7c6 cbf6 4ba4 a418 6fb7bfadf784

AGRADECEMENTO A CONCELLERÍA DE DEPORTES

A familia futbolística do Antela quixo por de manifesto o agradecemento a concellería de deportes e ao concello de Xinzo por traer ao campo do Antela o 10 de agosto un partido dos que fan afección. Äs 19:30 xogarán na Moreira o OURENSE F.C. e o C.D. LUGO. Unha boa oportunidade de ver futbol de categorías superiores en Xinzo e a precios módicos de 5 €.