Dis que din que
A fonte da RA “tiene un color especial” como di a canción de Sevilla
Fai uns días que unhas persoas viron o proceder, que segundo afirman os veciños da praza, sempre se fixo así, dende fai tempo. Dis que din que
se achegaron uns funcionarios do concello a reparar o “chorrito” que botaba fora, e a continuación lle engadiron a auga, dúas botellas de 3 litros de lixivia dentro. Preguntando sobre o proceder, un veciño respondeulle a persoa que indagaba sorprendida polo proceder, que o levan facendo así moito tempo. Esta é a maneira de que un día despois lle cambie a cor a auga. Si, pero pensaron os do concello que nesa auga meten as mans os cativos?. Ah! Que non se preocupen polos cans, que xa non beben dela, porque lle cheira precisamente a lexivia.
E falando de fontes, tamén chega unha queixa a este medio
sobre o tema de que en todo Xinzo (vila) non haxa ningunha fonte onde coller
auga para darlle de beber as mascotas, xa non dicimos para que poidan beber os cativos ou persoas maiores. ¿Non
acabou fai algúns anos a pandemia, na que estaban prohibidas?. Non será
por falla de auga... precisamente este ano.