Máis dun millón de euros en axudas a concellos e entidades deportivas e culturais

Máis dun millón de euros en axudas a concellos e entidades deportivas e culturais

Bande, Porqueira, Trasmiras e a Agrupación Musical da Limia 

Bande recibe 48.000 euros para a humanización no núcleo de Vilar en Bande.  Porqueira contará con 30.000 euros para cofinanciar o plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración e reestruturación parcelaria,Trasmiras terá catro achegas por un importe total de 59.873,47 euros para melloras e renovación de parques infantís no propio Trasmiras, en Vilaseca, Rabal e Soutelo.

40.000 € para a AGRUPACIÓN MUSICAL DA LIMIA

No referido a colaboración con entidades foi aprobada unha subvención de 40.000 euros para actividades e gastos de funcionamento da Agrupación Musical da Limia.

Axudas ao deporte

Entre os asuntos tratados na reunión, a Xunta de Goberno resolveu tres concursos referidos ao ámbito deportivo. Por unha banda, o procedemento de axudas a clubs deportivos de Ourense, que distribúe un total de 349.359,76 euros entre 97 clubs, agrupacións ou escolas.


Resolveuse tamén a concesión de subvencións para as Copas Deputación de 2024, por un importe de 89.167 euros destinados a 31 clubs, asociacións ou federacións. E, ademais, deuse o visto bo á concesión de subvencións a deportistas ourensáns cualificados en modalidades deportivas individuais durante a temporada deportiva 2022-2023, na convocatoria de 2024, concedéndose un total de 38.500 en axudas a 45 deportistas.