Baltar volverá a celebrar a súa FESTA POPULAR
Na súa XIV edición o sábado 3
Como xa é tradición o concello de Baltar celebra a xa tradicional festa popular que encherá de xogos, música e comida para todos aqueles, veciños e visitantes de toda a Limia e da veciña Montalgre a partir das 16 horas.
TUTE BRISCA E XOGOS DE MESA
As primeiras competición da tarde será as de tute e brisca en parellas, así como futbolín e pin-pong, vintos e carreira de sacos.
A partir das 18 h. comezarán os xogos por equipos entre os que se desenrolará o tiro de corda, onde os perdedores Terán que tirarse as augas do rio. Tamén no rio terá lugar o tradicional cruce dende o pau. Paralelamente a estes xogos haberá una exhibición de parapente e paramotor dende a serra do Larouco.
MUSICA TODA A TARDE E NOITE
A música estará presente durante toda a tarde a cargo da Escola de Música tradicional de Baltar , as Xeitosiñas de Baltar e varios grupos folclóricos do país veciño. Pola noite a animación musical estará a cargo do DJ Patakiña e o cantante Celso Carballo.
Xa a hora da cea poderanse degustar porco ao espeto e produtos da terra.
ZONA INFANTIL
Tamén no caneiro haberá durante toda a tarde instalados inchables para os máis pequenos, así como un toro mecánico.