ADEGAL REÚNESE COA DIRECTORA XERAL DE AGADER DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Na tarde de onte, unha representación de ADEGAL, desprazouse a Santiago de Compostela para manter unha reunión con Paz Rodríguez Rivera, Directora Xeral de AGADER, da Consellería do Medio Rural.
Logo da presentación, procedeuse a dar traslado das demandas do sector, algunhas con competencia propia.
Reiterouse a necesidade dun punto de provisión de residuos agrarios, a limpeza de canles e mellora de infraestruturas agrarias, os cambios de uso das terras de forestal a agrícola, a autorización excepcional ao uso de drons para tratamentos fitosanitarios, a flexibilidade na PAC, a actualización da instrución técnica de xestión de dexecións gandeiras e fertilización e a importancia da implantación dunha formación professional agrogandeira regrada na comarca que afiance o relevo xeneracional.
Adquiriuse o compromise de traballar nas medidas propostas e realizar proximamente unha visita a pé de campo na comarca da Limia, pilar fundamental do sector primario galego.