Fatal desenlace en Sarreaus

Casa concello de Sarreaus
Fatal desenlace en Sarreaus

Falece un home en Armeá a consecuencia dun golpe co cocheque estava  aparcando a súa muller

A primeira hora da noite de onte, os servizos médicos foron alertados por un veciño despois do acontecido nun camiño privado que da acceso a un garaxe e dúas casas no que facendo a manobra de marcha atrás para aparcar o coche que conducía unha muller, atropelou ao seu home que non viu que estaba nese momento detrás do vehículo.

NON SE CONSIDERA ACCIDENTE CIRCULATORIO

Segundo indica a Guardia Civil, o accidente é considerado accidente domestico, pois todo o sucedido foino nun lugar privado. Ata o lugar desprazouse a unha patrulla da garda civil e posteriormente a Xuíza e o Forense.