Café con ... Lara Sotelo, tricampeona do Certamen Celtibérico de Bandas de Gaitas
"...sintome eu mesma coa gaita. É o meu." Lara Sotelo (17 anos)
Este é o primeiro Café con... de Lara, o que chega un pouco nerviosa, algo normal dado que o seu é a música, esta acostumada a tocar diante de moita xente pero non tanto a falar, ela expresase coa gaita.
En primeiro lugar, queremos darlle a noraboa por gañar o 1º premio no concurso de gaiteiros solistas (apdº.Menores de 18 anos) do Certame Celtiberico de Bandas de Gaitas celebrado este fin de semana pasado en Manzaneda. Con este xa van 3 certames, nos que como solista, leva trofeo, Lara contanos como foi esta experiencia e como se sentiu o respecto.
L: 3, foron os 3 en Manzaneda, no 2021, no 2023 e no 2024. Este ano eramos dez competidores, dende 10 anos ata 18, había rapaciños pequenos de 10, 11e 12 anos, da miña idade eramos tres ou catro.
Vino peligrar, pero confiaba. (riese demostrando seguridade en si mesma)
Despois de gañar 3 certames, xa é unha dura rival, porque a seguridade que mostra en sí mesma a hora de interpretar as pezas aumenta os nervios dos demais competidores, xa era unha veterana na súa categoría. Preguntámoslle como enfoca o cambio de categoría, xa que ela pasará a ser das pequenas, fronte a gaiteiros e gaiteiras moito maiores ca ela.
L: O seguinte xa se verá, porque o ano que ven cambio de categoría, a de maiores de 18, entón a ver que tal. Será mais ou menos o mesmo, porque os que estivemos este ano en menores de 18 tamén pasamos a seguinte categoría, entón seremos mais ou menos os mesmos rivais.
Todo o mundo recorda a Lara tocando, é como se nacese cunha gaita debaixo do brazo, con tan so 17 anos, leva mais de dez anos tocando e competindo, pero non sempre foi a gaita...
L: Levo dende os 7 anos, dez anos en total. Aínda que estivo a pandemia por medio, eu seguía tocando na casa, foi un pequeno parón radical a nivel de banda, pero despois volvemos mais fortes todos.
Miña nai apuntoume a pandeireta e despois díxome que me apuntara a outro instrumento mais, entón escollín eu a gaita.Na banda entrei con 9 anos coa pandeireta, despois xa fun cambiando de instrumento.
En Bandas dende sempre, dende fai 7 ou 8 anos. Quero conseguir ir a mais concursos, aínda que agora non hai moitos, porque en comparación con fai 10 anos moitos dos concursos deixaron de facerse. Antes había moitísimas bandas, e por exemplo a outro día en Manzaneda so había oito en total, e antes 8 eran mínimo en un grao, había moitísimas bandas e agora pois foi a menos.
Inda que admite que a pandeireta e a gaita son diferentes, síntese mais cómoda coa gaita, é o seu. Ela non ven dunha familia de músicos, de feito o seu irmán maior xoga o fútbol. Polo que se considera "especial", "un caso aparte", unha excepción, neste caso moi positiva.
Quédalle pouco mais de medio ano para cumprir os 18, o 23 de Marzo, e como calquera rapaza da súa idade aínda non ten claro os seus plans de futuro. O que si que ten claro e que decida o que decida seguirá tocando sempre, volverá sempre que lle sexa posible para tocar na Banda, xa que como ela di "é coma a miña segunda familia".
No referente os estudos, apostar so por a música parécelle moi arriscado polo que se plantexa outras opcións.
Cando toca vémola moi segura de si mesma, con confianza, ela rise, porque aínda que é un pouco tímida canda toca todos os medos desaparecen.
L: Claro, tocando non, non hai nervios, síntome segura, síntome ben. Antes de comezar éntranme un pouco os nervios, pero unha vez que me poño a tocar pasáseme todo.
Fálanos de que no mundo da gaita hai poucas mulleres, que ela coñeza están a polifacética e ourensá Cristina Pato e Susana Seivane. Acostumada a competir con xente de moitos lugares, destaca que o número de mulleres e moito menor que o de homes, pero ela non descarta ser a primeira muller na categoría de maiores de 18 en gañar.
L: A subcampeoa foi muller tamén e tamén había rapazas mais pequenas.
Hai bastantes mulleres e iso está moi ben. Unha muller gañou xa tres veces e é xenial (referíndose a si mesma). Non coñezo ningunha muller que gañara (na categoría de maiores de 18).
Sí, pode ser, teño ganas e con traballo conséguense as cousas. Hai que intentalo. Quero darlle as gracias a Fernando (Do Pico) e a Xoan (Losada), que son os meus profesores e anímanme e axúdanme en todo o que poden e son un gran apoio. E a escola tamén porque é a miña cuna.
A Banda de Gaitas de Xinzo é unha das mais grandes, o que é sinal de que a música tradicional triunfa en Xinzo, grazas a isto movese moito o longo do territorio español e fora de España tamén, unhas das citas foi no Festival de Bandas de Xixón, saída que aproveitan para coñecer lugares, musicos e diferentes estilos. Ela mesma nos conta cales son os plans para este verán, xa que non só toca en Xinzo, senón tamén na Banda Nova Era (Verín) e como ve a Banda de Xinzo dende dentro.
L: Vexoa coma sempre, cada vez con mais rapaces, con mais xente. A hora de facer os festivais de fin de curso hai moitísimo rapaces pequenos, moitísimos pais e iso está moi ben.
Marchamos maña (xoves) a Xixón coa banda o Festival de Bandas Villa de Xixón, e vimos o domingo. Alí coincidimos con outras bandas, socializamos e pasámolo moi ben. Estaremos 5 ou 6 bandas, en verán costa reunir a xente porque hai festivais e festas en todos sitios entón é mais difícil. Por exemplo, fai dúas semanas fun a Asturias, coa Banda Nova Era, de Verín, e tiñamos integrantes que estaban noutro festival de Bandas en Ortigueira, entón ou para un lado ou para outro o tocar en mais dunha banda e difícil reunirse todos. Despois diso teremos vacacións ata volver a comezar o curso en Setembro, e volver a preparar cousas e traballar outra vez.
A cantidade de xente que hai na Banda de Xinzo non a hai noutras bandas. É complicado atopar unha banda de mais de 50 de persoas, como é a de Xinzo.
O tocar en dúas bandas, de diferente zona e con diferente cantidade de membros as diferencias son mais que evidentes, pero ela busca sempre o mellor enfoque, en Nova Era avogan mais pola innovación , tocando pezas propias deles ou arranxos distintos, mentres que na Banda de Xinzo ten un estilo mais tradicional. Ela mostrase encantada por poder tocar nas dúas.
L: Encántanme as dúas, Xinzo é como a miña banda e Nova Era é unha experiencia nova.
Como muller nova e con inquedanzas gustaríalle que nas competicións, a parte dun mesmo tema por o que xulgar a todos, tamén lles deixaran un minutiños de repertorio libre, algo que faría mais dinámica e diferente a competición.
Inda que na súa familia non hai músicos, o apoio por parte deles non lle falta, acompañana onde faga falta.
L: Apóianme moito, o domingo foron comigo e moi ben. É bonito ver que a xente te apoia e confía en tí.
Como proxima estudante de 2º de bacharelato, os estudos é un peso importante no día a día de Lara, pero eso non lle impide tocar a gaita, de feito cando se encontra agobiada ou atascada con algunha materia, para, toca unha peza e volve o estudo.
L: Ensaio 5 ou 6 horas a semana, contando os ensaio que temos na escola e na casa tamén toco, todos os días toco algo pero non me boto dúas horas tódolos días ensaiando, para quitar o gusanillo. Ou por exemplo durante o curso cando estou estudando e vexo que non podo mais paro de estudar e vou tocar a gaita, é como unha vía de escape, para desconectar.
Estou facendo o bacharelato de ciencias e gustaríame algo relacionado coa saúde, enfermería ou algo así. Agora empezo segundo de bacharelato, un curso duro, no que hai que traballar moito.