"Tras doseles de espinas" presentación do libro de Sheila Carnero

"Tras doseles de espinas" presentación do libro de Sheila Carnero

A autora falará sobre a súa última novela o xoves 8 de Agosto as 20:00h na Casa da Cultura.

A Casa da Cultura recibirá este xoves a escritora Sheila Carnero (Ermua, 1996), que presentará a súa recente novela, "Tras doseles de espinas". A autora falará sobre a súa obra e o seu proceso creativo. Na presentación estará acompañada por Mª Elisa Casal e Xiana Pozo, de Solveira e Pidre, respectivamente.

Sheila Carnero, con raíces en Solveira e Nocelo da Pena, é graduada en Periodismo pola UPV/EHU e ten un Máster en Escritura Creativa. Actualmente adicase ao ámbito da publicidade e o marketing de contidos.Dende a súa infancia, foi unha ávida lectora e cultivou unha paixón particular pola literatura fantástica, o que levouna a escribir dende xoven. 

En «Tras doseles de espinas», a autora regresa ao mundo da fantasía das suas anteriores novelas «Bajo esquirlas de hielo» e «Sobre retales de bruma» (Roomie Ediciones, 2021-2023), ainda que esta nova obra  presentase coma un relato independente dentro do mesmo universo. A presentación promete ser un evento imperdible para os amantes da literatura fantástica e para quenes desexen coñecer máis sobre o proceso creativo dunha autora emerxente neste xénero.



WhatsApp Image 2024 08 05 at 14.15.10

Breve sinopsis da obra: " Las espinas de cristal infestan las calles de Bris; se esparcen como la pólvora y se multiplican como una enfermedad. Sus efectos hacen que todos quieran probarlas, sin saber que las consecuencias podrían ser nefastas si caen en manos equivocadas. La propagación de esta droga pone en alerta a Vivi, que acaba de llegar a la ciudad en busca de una noticia que impulse su carrera como periodista, y a Mikol, cuya fuerte ambición lo incita a involucrarse con los misteriosos Libertadores de la Magia. Las peonías marcarán el camino de una batalla en la que se decidirá si, detrás de las máscaras que ocultan a estos revolucionarios, se esconde la salvación o una condena."