A Feira da Pereira cada ano máis grande (Galería de fotos)
Dende a comisión queren agradecer a participación e implicación de todos os veciños e veciñas para con a Feira.
Outro ano mais a Feira da Pereira estivo chea, sobrepasando as estimacións da organización que tiñan en conta as festas que tamén había nos pobos veciños, pero iso non foi impedimento para que a xente desfrutara da feira. Na comida os bancos estiveron cheos degustando e desfrutando do bo ambiente, a hora do sorteo o campo volveuse encher, os premios sairon todos a primeira, a gran maioría das papeletas premiadas foron vendidas ese mesmo día.
No referente os grupos musicais, había programadas 6 actuacións, pero a última hora unhas mozas, veciñas da Pereira, tamén deron un concerto, facendo mostra da gran implicación da xente do lugar para a feira. Tamén destacar a actuación de Esmeralda, que animou moito a xente.
Houbo 12 postos de artesanía, ademais do cesteiro (que estivo todo o día con gran éxito de participación) e o panadeiro. E nos xogos tradicionais puidemos ver a cativos e non tan cativos desfrutando e rememorando.
Dende a comisión quérenlle agradecer os veciños e veciñas que axudaron decorando os balcóns con mantas tradicionais, outros expondo dous carros de bestas e moitos útiles antigos para facer algo mais bonita a feira.
Para o ano comprometense a facer pequenas melloras, sobretodo por cuestións climáticas, para que a xente se anime ainda mais e disfrute da feira, que pouco a pouco vaise recuperando e crecendo.
Na Pereira seguen a espera de que o Día das Letras Galegas llo adiquen a Antón Tovar, este ano estiveron moi preto, deseguro que para o ano que ven sae elixido. Estaremos atentos.