O concello de Baltar recibiu a visita da conselleira de Vivenda

O concello de Baltar recibiu a visita da conselleira de Vivenda

Achegouse para asinar a aprobación definitiva do PXOM do concello, cun investimento de máis de 100.000 €.

O municipio de Baltar, en Ourense, convértese no concello número 123 de Galicia en contar con planeamento urbanístico, trala aprobación definitiva do seu primeiro PXOM, que hoxe asinou a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, na súa visita ao concello co alcalde José A. Feijóo. Trátase do primeiro PXOM aprobado nesta nova lexislatura.

Ata agora, Baltar non contaba con plan xeral, pero si con seis delimitacións de Solo de Núcleo Rural. A Xunta financiou con máis de 105.000€ a redacción deste novo documento que fixa as directrices e permitirá o desenvolvemento urbanístico deste municipio. 

O novo PXOM deste concello de 94,5km2 e unha poboación de 884 habitantes delimita como solo rústico o 98% do territorio, mentres que un 1,34% é solo de núcleo rural e un 0,22% solo urbanizable. Ademais, ten unha previsión de 75.111 metros cadrados destinados a espazos libres e zonas verdes e outros 33.571m2 dentro do sistema de equipamento comunitario.


VISITA AOS FUNCIONARIOS E A CASA DO CONCELLO



Antes da firma protocolaria levada a cabo na casa da Cultura Nelson Zumel, a conselleira saudou aos funcionarios do concello e mantivo unha entrevista privada coa conselleira. A saída gardouse un minuto de silencio pola última vítima de violencia de xénero en Galicia e xa na casa de Cultura o alcalde explicoulle algunha das cousas particulares coas que conta o concello, entre elas o Couto Mixto e a arca das tres chaves onde se gardan os documentos históricos e recentes do mesmo.







Momento do minuto de silencio