Os rapaces e rapazas do Campus Arco de visita o Mosteiro de Trandeiras

Os rapaces e rapazas do Campus Arco de visita o Mosteiro de Trandeiras

A Concelleira de deportes, Cristina Campero Dorado e Luis Miguel Gil, adestrador do A.B. Xinzo acompañaron esta maña os rapaces e rapazas do Campus Arco.

Esta mañá os rapaces e rapazas do Campus Arco subiron a facer unha actividade de orientación o Mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras, para así realizar unha actividade diferente pero moi relacionada co deporte. A activade foi organizada por Limiactiva e a empresa TRIC TRACK. Xa de tarde voltarán o pavillón.

O Campus está composto por 103 rapaces de entre 6 a 18 anos, de diferentes lugares de España, dos cales 43 son de Xinzo, pertencentes ao Clube A.B.Xinzo, o staff está composto por 15 persoas das cales entre elas atopanse monitores, adestradores, unha enfermeira e un fisioterapeuta. 

O Campus comezou o sábado 3 e remata o sábado 10 de Agosto. Hai  rapaces e rapazas internos e externos, os internos pernoctan no CEIP. Rosalía de Castro, e comparten a hora da comida con externos, no comedor do colexio.

4

A axenda é completa, dende as 8 da maña comezan con actividades, entrenamentos, competicións, así ata as 11 da noite que chega o momento de descansar.

Esta é a VI Edición,  pero é a primeira que se realiza na súa totalidade en Xinzo, os últimos 4 anos levábase a cabo entre Sandiás e Xinzo.

Para os adestramentos o Concello cedeulles a súa dispoción as instalacións municipais, como son o pavillón de deportes, as chanchas exteriores das piscinas,  o CEIP Rosalía de Castro cedeulles o centro, e o AB.Xinzo, como colaborador do Campus, cedelles materiais ou calquera cousa que necesiten. 

1