Expofamilia, a primeira feira adicada a saúde e o benestar da familia.
Os días 7 e 8 de Setembro no Pavillón de Deportes de Xinzo de Limia.
Expofamilia será a primeira feira en Xinzo de Limia adicada á saúde e o benestar na familia.
A xornada será un excelente escaparate de produtos e servizos onde atopar as ferramentas necesarias para o coidado e o benestar das familias, promovendo hábitos de vida saudables que contribúan a mellora da calidade no rural.
Durante os dous días que durará a feira impartiranse obradoiros , charlas e ponencias para o desfrute de toda a familia, ademais dun espazo de xogo sensorial e unha zona de expositores onde se mostrarán artigos para a maternidade e a crianza respectuosa.
As asociacións e colectivos tamén serán protagonistas nesta xornada na que contaremos con diferentes profesionais adicados a pediatría, obstetricia, odontoloxía, psicoloxía, nutrición, educación social e pedagoxía, asesoramento deportivo …
Unha das sorpresas desta primeira edición de EXPOFAMILIA , que aspira a converterse nunha cita anual de referencia en Xinzo de Limia para as familias, é a participación do experto en crianza e saúde infantil, Carlos González.
No escenario actual da pediatría e a crianza dos nenos e nenas, Carlos González eríxese como unha voz única e transformadora. Orixinario de Zaragoza, González non só é un pediatra cunha distinguida carreira clínica, senón que tamén é un autor influínte, orador e defensor dun enfoque de crianza baseado no amor, o respecto e a liberdade.
Autor de libros de éxito como "Bésame mucho", "Mi niño no me come" e "Un regalo para toda la vida", González fusiona os seus sólidos coñecementos médicos cun estilo accesible e empático.
As xornadas ofrecerán a todas as persoas visitantes a posibilidade de vivir unha fin de semana diferente, entretida, educativa e moi familiar.
O evento está organizado por Fusión Fitness, La Tribu (Xinzo) e o Concello de Xinzo de Limia.