Compromiso da conselleira co alcalde e co representante de Serrado Larouco

Alcalde, Conselleira e Directora X. conversando con Alejandro de Serra do Larouco
Compromiso da conselleira co alcalde e co representante de Serrado Larouco

A empresa Serra do Larouco solicitoulle a conselleira a implicación para o desenrolo dunha pequena área empresarial.

Implantación dunha área industrial

Neste senso, o PXOM propón a implantación dunha área industrial ao sur do concello a desenvolver en varias fases, en concordancia coas Directrices de Ordenación do Territorio (DOT), no referente á implantación de solo empresarial. Todas estas actuacións van encamiñadas a conformar o núcleo de Baltar como o nexo do concello con Xinzo de Limia, definida polas DOT como cabeceira de comarca, ademais de servir como complemento desta dentro do concello. 

Xa fai tempo que a maior empresa do concello de Baltar-Serra do Larouco- ten solicitado a posibilidade de desenrolo dunha pequena área empresarial cun plan parcial, e nesta visita, tanto a Directora Xeral e a Conselleira comprometéronse ante o representante da firma a estudar ese caso para sacalo adiante.