As canles da Lagoa de Antela sofren de "ESQUECEMENTO" segundo din os Socialistas

Grupo socialista no concello de Xinzo
As canles da Lagoa de Antela sofren de "ESQUECEMENTO" segundo din os Socialistas

As e os socialistas denuncian unha demora de tres anos por parte da Consellería do Medio Rural, que é a encargada de remitir dito proxecto ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, tal e como quedou de manifesto no compromiso adquirido no ano 2021

O PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia vén de denunciar publicamente que tivo constancia de que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación leva 3 anos sen recibir o proxecto para a execución das obras de limpeza da canle principal e das canles secundarias na Lagoa de Antela. As e os socialistas denuncian unha demora de tres anos por parte da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, que é a encargada de remitir dito proxecto ao Ministerio, tal e como quedou de manifesto no compromiso adquirido no ano 2021.

Dende o grupo municipal socialista lembran que foi en 2021 cando o Ministerio decidiu dedicar 15,9 millóns de euros para a modernización dos regadíos da Limia e tamén se comprometeu a destinar 12 millóns de fondos para a limpeza de canles, que reclamaban tanto agricultores coma gandeiros da Limia. Tal e como apuntan as e os socialistas “trátase dunha vella demanda ante os continuos asolagamentos da invernía, que dificultan as tarefas de labor na sementeira tanto de pataca como de cereal de gran e forraxe”.

A voceira do PSdeG-PSOE en Xinzo de Limia, Elvira Lama Fernández, explica que dende ADEGAL, nunha xuntanza recente, foille comunicada dita problemática e tal e como apunta “unha vez feitas as consultas pertinentes, puidemos comprobar que o Ministerio non conta con ningún proxecto enviado dende a Xunta de Galicia e seguen a espera de que esta responda”. A edil e deputada provincial socialista pon de manifesto que “non se pode iniciar a tramitación administrativa sen un proxecto que ten que ser revisado e aprobado, para que se poidan executar as obras demandadas por parte do Ministerio”.

As e os socialistas pediran explicacións a Xunta de Galicia por este retraso, polos motivos que xustifican unha demora de tanto tempo e polo incumprimento de un acordo que beneficiaría enormemente o sector primario da Limia, si a estas alturas xa estivera executado.

“Resulta inexplicable que un proxecto deste tipo teña un retraso de máis de 3 anos por parte da consellería de agricultura que dirixía José González ata este ano”, denuncia Elvira Lama quen pon de manifesto de novo “os incumprimentos da Xunta coa comarca da Limia, apesares das numerosas visitas sempre con promesas que como comprobamos quedan no esquecemento”.