3 X 3 QUE BATERÁ RECORDS
O sábado durante 11 horas baloncesto 3 x 3 en 3 canchas simultáneas
En época de xogos olímpicos de récords , Xinzo tamén quere batel o récord de participación en Galicia de equipos participantes nun torneo de verán que xa está a converterse nun clásicos dos veráns.
TRINTA E CINCO EQUIPOS SÉNIORS E 16 INFANTÍS
Este ano o AB Xinzo e a concellería de deportes do concello de Xinzo, xunto co montón de empresas que colaboran vai a ostentar o récord de participación de equipos nun torneo de 3 x 3 en Galicia.
Non solo queremos ser o torneo máis grande, se non tamén o mellor de Galicia (Luis Miguel)
TRES LUGARES DIFERENTES CON DÚAS CANCHAS CADA UN
A novidade que se vai a implementar este ano é que segundo nos comenta Luis M., queren que todo o pobo durante o día do sábado todas as rúas e lugares de Xinzo “saiba” a baloncesto. Ademais das dúas canchas das piscinas e as dúas do pavillón, instalaranse outras dúas homologadas na praza Carlos Casares para que o baloncesto encha Xinzo ese día.
Luis M. Gil, cabeza visible do 3 x 3 do AB.Xinzo
Máis de 20 persoas entre árbitros e xuíces de mesa aportará a Federación Galega durante todo o día, para que todo saia perfecto.
Non solo equipos das catro provincias galegas estarán competindo, se non equipos feitos por visitantes de Francia e o Pais Vasco estarán presentes no 3 x 3, máis concorrido de Galicia.