Os veciños e veciñas arrouparon a Sheila Carnero na presentación da súa terceira novela
"Tras doseles de espinas" unha novela de fantasía xuvenil para todas as idades.
Hoxe a tarde tivo lugar a presentación da terceira novela de Sheila Carnero, "Tras Doseles de Espinas", unha novela de fantasía xuvenil destinada a todas as idades.
A autora estivo acompañada por Xiana Pozo e Mª Elisa Casal. Esta é a segunda vez que presenta unha das súas novelas en Xinzo, xa que a súa familia está aquí, entre Solveira e Nocelo da Pena.
As novelas ainda que teñen en común que transcorren no mesmo mundo, co mesmo mapa, son independentes, as personaxes son distintas. Esta última trata sobre unha periodista que vai a un novo continente no que comezan a suceder cousas que non acaba de entender. A aparición dunhas pintadas nas paredes, reunións con xente enmascarada e problemas cunha droga que está de moda, fan que a periodista se decida a investigar o sucedido e a onde se dirixe todo iso.
Tanto na primeira novela como na última a protagonista é unha periodista, ao igual que Sheila, que estudou periodismo na UPV/EHU e un Máster de Escritura Creativa na Complutense de Madrid, pero neste caso a protagonista non ten similitudes coa autora mais alá da profesión.
As tres novelas centranse na busqueda da identidade como persoas dos protagonistas, quenes son? que queren facer?, e tamén se trata que é a normalidade, un tema bastante ambiguo, sobre que é o normal? que non o é?; cuestións que todos nos fixemos algunha vez na vida e máis a xente xoven.
A novela consta dunhas 470-480 páxinas aproximadamente, narradas en terceira persoa.
As outras duas novelas son: "Bajo esquirlas de hielo" (2021) e "Sobre retales de bruma" (2023).