Ourense, capital A LIMIA

Ourense, capital A LIMIA

Esta mañá Xinzo  converteuse no epicentro informativo da provincia dende Ourense

A sede da Xunta de Galicia en Ourense foi o lugar escollido para a presentación das feiras, que este ano coinciden nas datas, a celebrar en Xinzo-ALIMAGRO e a FEIRA DO COMERCIO de Prolimia.

O acto estivo presidido polo Delegado Manuel Pardo a quen acompañaron o presidente do Inorde Luis Rosendo estando presentes tamén o alcalde de Xinzo,Amador Díaz,  en representación do concello e polo tanto das dúas feiras e a presidenta de Prolimia así como o director da revista Campo co organizador da feira agrícola. Collage

Momentos da presntación

XUNTAS POR PRIMEIRA VEZ

Este ano por mor do calendario as dúas feiras celebraranse no mesmo fin de semana. A do comercio, como sempre no pavillón de deportes e ALIMAGRO, ademas de no exterior, os stands estarán ubicados nunha gran carpa no campo da feira, co que a partir da ponte, incluindo o parque do Toural, todos será recinto feiral.

A inauguración conxunta será o venres 30 e a partir dese momento desenrolaranse actividades e actos segundo o programa que se irá dando a coñecer durante todos estes dias.