Inauguración dunha escultura de Décimo Xuño Bruto
FORUM LIMICORUM 2024
22:00 09/08/24
22:00 09/08/24
Hoxe sábado a partir das 20:00 na Alameda do Toural
Para ir quentando motores cara a festa do Esquecemento 2024 a asociación Cívitas Limicorum organiza para este sábado 10 de agosto o FORUM LIMICORUM que a partir das 20:00 na alameda do Toural ofrecerá aos visitantes a presentación do libro "Celtas, Castrexos e Romanos" así como unha proxección dun vídeo sobre a Festa do Esquecemento. Tamén no Forum abrirase un debate sobre si Castrexos ou Galaicos e tamén a presentación do Podcast GALIPORTUS.
Para rematar sobre as 21 h descubrirase unha escultura adicada ao xeral romano Décimo Xuño Bruto, no propio parque do Toural.