Intento de roubo no supermercado de Vilar de Santos
Por sorte quedou todo nun susto, porque o ladrón non conseguiu levar nada, xa que os sistemas de alarma o disuadiron.
Esta noite, a carón das 3 da madrugada, un varón intentou entrar no supermercado de Vilar de Santos.
O dono, Aldo Fernández, foi alertado sobre as as 3:20 h da madrugada, pola central de alarmas, de que claramente había alguén entrando pola véntana de atrás, tras forzala e romper a mosquitera. Gracias ao sistema de fumo antirroubo que entrou en funcionamento, o suposto ladrón fuxiu sen levar nada, nin sequera chegou a entrar nas outras salas do supermercado. Co cal agás os danos na mosquitera e na véntana non hai que lamentar ningún outro.
Posiblemente o sospeitoso accedeu a zona por unha das casas do redor, que se atopan deshabitadas, deixando pegadas. A Garda Civil fixo un rexistro da zona e sospeitan que era alguén que coñecía o lugar e que sabia que nas casas do redor non vivía ninguén.
As cámaras de seguridade conseguiron gravalo e a Garda Civil está a investigar os feitos.