Colombia, Taiwan e Serbia estiveron presentes en Xinzo
22:35 18/08/24
22:35 18/08/24
Remataron as XXXIX xornadas de folclore en Xinzo
Moitas das persoas que asistiron as distintas actuacións dos grupos que este ano actuaron en Xinzo tiveron que facelo de pe, pois os asistentes desbordaron as previsións feitas polos organizadores, Deputación e Concello. Ano tras ano son mais os veciños e veciñas da Limia que se achegan ata Xinzo para ver aos grupos que acoden no día das xornadas de folclore.
A continuación unhas pinceladas en soporte fotográfico das actuacións, ata que o representante da Deputación, responsable das xornadas, non nos deixou seguir co noso traballo.