O coche que busca a Garda Civil pudo estar esta tarde en Xinzo

O coche que busca a Garda Civil pudo estar esta tarde en Xinzo

Fuxiu dun accidente en Verea

A Garda Civil, está a tratar de localizar un coche Ford Mondeo ou Focus coa matrícula coas letras CTS que se deu a fuga despois de ter un accidente en Verea.





IMG 20240826 WA0017

Este coche, segundo un vídeo enviado polo corpo de seguridade pode ser un que estivo aparcado esta tarde a carón do parque do Pombal en Xinzo.

A Garda Civil solicita que calquera información que se teña do mesmo sexa suministrada ao corpo de seguridade.

O coche de cor granate seguramente ten un golpe no frontal esquerdo.