"El árbol se secó..."
Insensibilidade, incultura, brutalidade, negacionismo, arboricidios en Vilar de Barrio
"El árbol se secó..." dinos o corrido mexicano 🤔 no caso de Vilar de Barrio (A Limia) é o concello que coas súas decapitacións fixo secar as árbores, entre outras, carballas centenarias, arces e outras especies insustituibles e de incalculable valor.
Unha actuación en plena Vía da Prata-Camiño Mozárabe, polo tanto árbores protexidas legalmente "Lei do Patrimonio Cultural de Galicia"... Parte das árbores na estrada dos Milagres competencia da Deputación de Ourense 🤔 que fará a Xunta e maila Deputación diante dos estragos levados adiante polo concello???
Insensibilidade, incultura, brutalidade, negacionismo, arboricidios que estragan o patrimonio vivo herdado. Estragos inxustificados que din moi pouco de nós como sociedade avanzada que pensamos que somos.
Os executores destas fermosas árbores non teñen perdón!!! 🌳🌳🌳
Xosé Santos Otero