Localizado o auto que se deu a fuga no accidente de Verea

Localizado o auto que se deu a fuga no accidente de Verea

O conductor deuse a fuga tras colisionar contra un vehículo no que viaxaba unha familia con dous nenos. Abandonou o lugar a gran velocidade diexando feridos leves a nai e os dous menores.

A media tarde do día 22 de Agosto, na estrada OU-540 o seu paso polo municipio de Verea, un condutor ao mando dun vehículo Ford Mondeo de cor granate colisionou por alcance contra unha furgoneta Volkswagen na que viaxaba un matrimonio cos seus dous fillos menores, desplazandoos varios metros trala violencia do impacto.

 Lonxe de preocuparse polo estado dos ocupantes, inmediatamente abandonou o lugar a gran velocidade, desentendendose do sucedido e tratando de que nin os perxudicados nin os testigos presenciais poidesen tomalos datos da súa matricula.

Sen embargo, gracias unha vez mais a colaboración cidada que resulta dun valor incuestionable para os axentes da Garda Civil que investigan este tipo de actos, no día de onte, 26 de Agosto, localizouse o vehículo e identificouse ao condutor responsable na localidade de Xinzo.

Estas actitudes tan repochables socialmente que se recollen, nos casos mais graves, nos delitos tipificados no Código Penal como " Abandono do lugar do accidente" (Art. 382-bis) e "Omisión do deber de socorro"(Art. 195.3), con penas sinaladas para ambos casos que van dende os 6 meses ata os 4 anos de prisión e a prohibición do dereito a conducir de entre 1 a 4 anos, en caso de que exista imprudencia.